29 de marzo de 2009

OTRA BESTIAL AGRESION ARBITRAL


La violencia parece que no cesa sino que va en aumento. A la agresión de la semana anterior se suma la que se produjo ayer en el Cualedro-Soutopenedo en donde un jugador local propinó un fuerte puñetazo al colegiado que al parecer tuvo que precisar asistencia medica. Transcurrian 3o minutos de un partido que logicamente fué suspendido. De momento no tenemos mas datos pero podeis aportarlos en la sección de comentarios.

www.arbitraxeourense.wordpress.com , la pagina de los árbitros ourensanos añade esta información. 

Onte tivemos outra agresión, e xa van dous en dúas fins de semana. A de onte foi a Rafa, compañeiro co que teño persoalmente unha excelente relación, e certo cariño porque ascendemos xuntos a Preferente. Si, porque este árbitro é de Preferente e sufriu unha agresión nun partido de Segunda Autonómica QUE NON TIÑA POR QUE ESTAR ARBITRANDO. Obviamente, non somos estrellitas -nin nolo cremos- pero a actitude duns poucos van acabar por facerlle dano a moitos que se comportan ben todas as semanas e que non teñen culpa de que lle guste o mesmo deporte que a certos ENERGÚMENOS. E parece ser que non foi precisamente unha caricia o que lle pasou.

Nós somos árbitros, non parvos. Tamén sabemos reaccionar. Por exemplo, podemos negarnos a arbitrar se non hai forza pública (e se a hai, tamén) ou podemos negarnos a arbitrar partidos que non sexan da nosa categoría. Que por que non o facemos? Polo ben común, e porque tamén nos gusta o fútbol, como a outros moitos. O triste vén cando existen persoas como a de onte (por chamalo dalgunha maneira) que se queren cargar este deporte. Ao final van acadalo. Ao final conseguirán que levemos o regulamento A RAJA TABLA. Ao final farán que protestemos como temos que protestar, e que non se celebren o 80% dos partidos.
Parece que esa xente se esquece que SEN ÁRBITROS NON HAI FÚTBOL. E, o que é máis grave, parece que se esquecen que nós, ante todo, somos persoas.

Sinceramente: ogallá non volvas xogar ao fútbol nunca. Polo ben común.


1 comentario: